Teatro Mínimo | O proprietário | 1 decembro

Molembir Teatro apresenta este xoves a peza O proprietário dentro do seu proxecto de teatro aberto.

Neste tempo  que se están a por en práctica termos coma en común ou empoderamento, Molembir Teatro oferece unha peza que sitúa o foco no tema  da propriedade e, por súa vez, propón o seu proxecto de futuro á participación. O proxecto de convocatória de teatro aberto é o de acoller a actores, directores, autores e técnicos para confluír en propostas teatrais que emerxan en colectivo.

O proprietário orixinariamente é unha peza para títeres escrita polo escritor arxentino Roberto Espina. Susana Abellán e Miguel Rodríguez son os actores que, coa dirección de Carlos Colmenero, interpretan o sentido ou o sinsentido da posesión. Dúas persoas atópan-se nun lugar, unha vai de paso e a outra está. Falan, pero nengunha delas entende o que a outra di. Só o que lles vai ocorrer fará que comecen a entender e afinal o lugar determinará os seus destinos.

Ficha técnica obra:
O proprietário
Intérpretes: Susana Abellán e Miguel Rodríguez
Texto: Roberto Espina
Dirección: Carlos Colmenero
Tradución: Segreis, música e poesia
Funcións: xoves 1 de decembro, el día 15 está cancelado (se publicará próxima fecha)
Pases: 20.00 / 20.45 / 21.30
Duración: 15′ aprox.
Entrada: 3,50 euros
Lugar: [NO IMPORTA] r/ San Andrés 46, 15003 A Coruña
Info: pb@no-importa.com | 687 139 139

Molembir Teatro O proprietario