Teatro Mínimo | Marta e a Sra. Mosteiro | Sábados 10 e 17 marzo

A programación de Teatro Mínimo cambia para os sábados! E comezamos cunha peza de Lino Braxe e interpretada por Uxía Vázquez.

Marta dubida que facer da súa vida cos homes. A Sra. Mosteiro senta a falar coa familia. Marta fala de si mesma. A Sra. Mosteiro fala da cea. Marta busca a sorpresa da vida. Para a Sra. Mosteiro, a sorpresa habita na rutina da vida. Dúas obras diferentes. Unha única actriz. Dúas historias contadas por unha mesma voz.

Ficha técnica
Marta e Sra. Mosteiro
Texto e dirección Lino Braxe
Intérpretes: Uxía Vázquez
Teatro Proscrito
10 e 17 de marzo
En [NO IMPORTA] San Andrés 46, 15003 A Coruña
Funcións: 20.30h, 21h e 21.30h
Entrada : 3,5 euros
Reserva anticipada: 687 139 139

Microteatro A Coruña