Teatro Mínimo | Esther e Bittori | 7 e 14 de xullo

É un pracer para nós seguer acollendo este mes as propostas escénicas de Casahamlet , escola que tanto tempo levan traballando na nosa cidade.

Nesta ocasión achegan a peza Esther e Bittori

Sinopse:
Bittori e a súa familia son vítimas do fanatismo político dos anos escuros no País Vasco.  Que é o que leva ao silenzo de todo un pobo perante a barbarie?

/

A perda dun zapato fai que Esther sexa consciente do todo o que a vida a enganou, ata ao punto de tocar fondo. Será quen de saír do pozo?

Ficha técnica:

ESTHER E BITTORI
(DOUS MONÓLOGOS CON NOMES PROPIOS DE MULLER)
Autores: Fernando Aramburu (Patria) e Roberto Vidal Bolaño (Rastros)
Dirección: Santiago Fernández (Estudio de Teatro Casahamlet)
Actrices: Concha Pardo e Ana Castro
7 e 14 de xullo
Funcións: 20.30h, 21.15h e 22h
Lugar [NO IMPORTA] San Andrés 46, 15003 A Coruña
Billete: 3,50 euros
Aforo limitado, reserva anticipada: 687 139 139

Teatro na Coruña