Teatro Mínimo | Caixa de música | 05.05

O próximo sábado 5 de maio chega ao noso espazo un grupo ao que nos une algo moi especial e ao que lle desexamos un futuro cheo de éxitos. Falamos de Jose, Susana, Josafat e Carlos, falamos de Molembir Teatro.

A proposta escénica de Caixa de música (mise en scène) sitúa a dous actores que van facer historia. Mentres agardan a sua grande actuación, os ideais poden ser corrompidos polas reflexións e pensamentos entre eles na procura de respostas Para qué?

Ficha técnica:
Caixa de música (mise en scène)
Autor: Javier Sahuquillo
Intérpretes: Jose Losada, Susana Abellán e Josafat José
Dirección: Carlos Colmenero
Día: sábado 5 de maio
Funcións: 21h e 22h
Reservas: pb@no-importa.com · 687 139 139
Lugar: [NO IMPORTA] San Andrés 46

teatro en coruña