Teatro Mínimo | Aventuras no ascensor | 23 e 30 novembro

Unha rocambolesca comedia. Un ascensor Dúas aventuras.
Cada unha das mulleres protagonistas das aventuras no ascensor son, a un tempo, calquera de nós e o oposto.
A primeira, unha muller práctica, que xa non lle sorprende nin o cambio de especie do seu marido.
A segunda, unha muller adaptable, que decide seguir as ondas da vida ao seu favor.

Dous xoves para ver esta peza de Alfonso Zurro que dirixe Eva Alonso e protagoniza Uxía Vázquez (máis as voces de Alejandro Carro e Eva Alonso)

Ficha técnica:
Xoves 23 de novembro dúas funcións: ás 21:15h e 22h
Xoves 30 de novembro tres funcións: ás 20:30h, 21:15h e 22h
Entrada: 3,5 euros
Lugar: [NO IMPORTA] San Andrés 46, A Coruña
Aforo limitado, se queres reservar : tel. 687 139 139
Teatro Mínimo Aventuras no ascensor