Teatro Mínimo | A terraza | Xoves 25.01 e 01.02

Nunha terraza con vistas ao mar, dúas amigas esperan a chegada dunha terceira, que ven de viaxar polas illas gregas. Casualmente, un músico chama a atención da recén chegada.

Esta é a presentación do texto que nos achega Manuel Lourenzo. A peza a dirixe Manuel Lourenzo e a interpreta Carme Martínez, Xulia Miguel, Cristina Fuentes e Xosé Martínez.

A obra estará dous xoves, podedes vir o 25 de xaneiro e o 1 de febreiro.
3 funcións cada día: 20.30h, 21h e 21.30h
Duración aproximada 20 minutos.

En [NO IMPORTA] San Andrés 46, 15003 A Coruña
A entrada é de 3.50 euros e se queredes podedes reservar por correo pb@no-importa.com ou whatsapp 687 139 139