Sesión Jam de relato e poesía | 28 de decembro

Vén a escoitar ou a ler, como público ou participante.

A dinámica é a seguinte: para ler e compartir os relatos e/ou poemas, só hai que apuntar-se. Pode facer-se previamente por correo electrónico ou o mesmo día antes de comezar a sesión. Hai un número limitado de leituras (polo tempo) e hai un número limitado de extensión (para que lle dé tempo a todos). No caso do relato máximo 3 folios, e no caso da poesía, máximo 3 poemas.

As reunións son periódicas. No futuro, poderá-se ir introducindo novos elementos: escritura en vivo, slams, presentacións, ou edicións en común. E, para que quede documentado, e sempre de forma voluntária, volcado en internet.

Nesta sesión acompáña-nos o escritor Fernando Ontañón que fará unha pequena presentación´.

Fernando Ontañón (Santander 1972) es escritor.  Se crio en A Coruña, ciudad donde reside, y estudió Publicidad y RR.PP. en Segovia.
Ha trabajado en prensa y publicidad y actualmente es colaborador del suplemento de cultura Saberes, del diario La Opinión A Coruña y del diario digital Nueva Tribuna.
Ha publicado tres libros: Relatos invisibles (Carena, 2010); El periodista despedido (Ézaro, 2014), obra ganadora del X Certamen de Novela Corta Dulce Chacón, y El orden invisible de las cosas (Ézaro, 2016).
http://fernandoontanon.blogspot.com.es/
https://www.facebook.com/FernandoOntanon.Escritor/
http://fernandoontanon.wixsite.com/fernandoontanon

Convidamos aos autores, ao público en xeral e aos axentes literários a compartir este espazo cercano e íntimo co relato e a poesía.

Ficha técnica:
Sesión Jam
Relato e Poesía
Día: mércores 28 de decembro
Hora: ás 21h
Presenta nesta ocasión Fernando Ontañón
Entrada libre*
*Mínimo 1 consumición
Lugar: [NO IMPORTA] r/ San Andrés 46
Inscripcións previas: pb@no-importa.com ou antes do comezo da sesión
Info: 687 139 139
Fernando Ontañón presenta jam de relato y poesía