Sesión Jam de relato e poesía | 18 de novembro

·Comezamos as sesións jam literárias. Só con se apuntar, os autores participantes poderán ler ao público asistente os seus relatos e/ou poemas.

·As sesións serven de encontro e intercámbio entre autores, público afeccionado á literatura e profesionais do sector.

A iniciativa que estamos a presentar ten a intención de crear unha comunidade. Un ponto de reunión que motive dar a coñecer as creacións e desfrutar con elas. Se pode vir a escoitar ou a ler, como público ou participante. Asemella-se a unha rede social temática pero real, que irá crecendo con diversas aportacións e propostas.

As reunións serán periódicas. No futuro, poderá-se ir introducindo novos elementos: escritura en vivo, slams, presentacións, ou edicións en común. E, para que quede documentado, e sempre de forma voluntária, volcado en internet.

A dinámica é a seguinte: para ler e compartir os relatos e/ou poemas, só hai que apuntar-se. Pode facer-se previamente por correo electrónico ou o mesmo día antes de comezar a sesión. Hai un número limitado de leituras (polo tempo) e hai un número limitado de extensión (para que lle dé tempo a todos). No caso do relato máximo 3 folios, e no caso da poesía, máximo 3 poemas.

Convidamos aos autores, ao público en xeral e aos axentes literários a compartir este espazo cercano e íntimo co relato e a poesía.

Ficha técnica:
Sesión Jam
Relato e Poesía
Día: 18 de novembro
Hora: ás 20.30h
Presenta nesta ocasión Carmen Conde
Entrada libre*
*Mínimo 1 consumición
Lugar: [NO IMPORTA] r/ San Andrés 46
Inscripcións previas: pb@no-importa.com ou antes do comezo da sesión
Info: 687 139 139

Jam de relato y jam de poesía en Coruña