Presentación do fotolibro Primavera negra de Edu Portela | 18.01

Pesentación do  FotoLibro PRIMAVERA NEGRA de EDU PORTELA
Venres 18 de Xaneiro, ás 21.00h en [NO IMPORTA] San Andrés 46, 15003 A Coruña

Texto extraído do fotolibro:

” Isto que tes nas mans vai de ansiedade, de resacas duras, de gritar cara a dentro. Vai de desamor, de insomnio, de subordinar a mirada á túa parte escura, de non ter un puto duro. Isto trata sobre un buraco negro interior de moitos anos, un buraco que intentas encher con sexo baleiro e os teus propios sorrisos falsos. Este libro vai de comerche a merda ti só e pedir outra ración.

Está cheo de ausencias e da incapacidade de gestionar as miñas propias emocións. É un diario en imaxes feito para non pensar e acabar vendo o que non queres ver, pero no fondo sabes que es. Non hai peor pesadelo que recoñecerche e desprezarche.

A diferenza do traballo fotográfico baseado na procura do autoconocimiento, isto trata sobre fuxir da consciencia dos meus propios actos, de perder o tempo no banal, de abrazar a intranscendencia do momento para chegar final e involuntariamente ao autoconocimiento do que fuxía nun primeiro momento.

En poucas palabras, este libro é o resumo da miña ira dirixida contra o meu peor inimigo: eu mesmo. ”

!!! Esta exposición NON ESTÁ RECOMENDADA PARA MENORES de 18 anos !!!

CONTÉN IMAXES EXPLÍCITAS QUE PODEN FERIR A SENSIBILIDADE DO ESPECTADOR.

Edu Portela presentación