Presentación Caderno de Haikus | Grupo Olladas | 11.05

O acto de presentación do caderno de Haikus do grupo Olladas contará coa participación dos autores e autoras Iván Segade, Ana Docampo  Carlos Ocampo,  Cris Lago, Jesús Suarez,  Mar Dupont  Noelia Prieto, Willy Méndez, Begoña Lomba  e Lino Braxe, que recitarán os seus pequenos poemas e tamén lerán algún relato brevísimo. Asemade Jesús Suárez, interpretará un par de cancións que serviron como material para a escrita de contos e de obras de teatro dentro das actividades do Grupo Olladas.

Será o venres 11 de maio a partir das 20.30h
Lugar  [NO IMPORTA] San Andrés 46

UNHA OLLADA AO HAIKU

A intuición desde a outra banda da reflexión

O haiku é unha composición poética xaponesa de 17 sílabas, distribuídas en tres versos de 5, 7 e sílabas respectivamente. Mais os haikus de hoxe son un espazo para a liberdade creativa. Se escriben haikus que non riman pero que conservan a medida silábica, que non riman e non teñen a medida clásica, que teñen dous versos e ata que teñen só un verso. O haiku evolucionou, ao igual que toda poesía nacida dunha métrica clásica, cara o espazo do verso libre, un territorio que lle abre a este unhas posibilidades infinitas para a exploración poética. O haiku, ao igual que a música, vai polo aire; mais mentres unha goza dunha partitura matemática para ser interpretada, o segundo ten que construír a súa desde o poder do invisible. Os seus códigos internos non se poden escribir en fusas ou corcheas. Ambos son percibidos polo oído humano, e espertan a reflexión e a emoción na nosa mente e no noso espírito. Mais o haiku, tenta reflectir esa evocación con palabras. Debemos transitar entre a intuición e o concreto. A precisión da palabra é a súa esencia, mais tamén o poder do invisible, do non definido, do impalpable, da sutil etéreoeidade –palabra que probablemente acabamos de inventar, pero os haikus ben merecen esta transgresión. O Grupo Olladas dálles ao encontro co outro lado do noso cerebro, aquel que sempre procura un anaquiño de vida no alén.

Presentación Haikus do grupo Olladas