Obradoiro de Narrativa breve con Carmen Conde | Mércores de Novembro

Nada máis xeneroso que unha historia: tod*s temos polo menos unha.

“Departamento de Ficción” é un obradoiro pensado para aquelas persoas que queiran coñecer a anatomía das historias, de que están feitas. E para que as conten misturando os ingredientes segundo lles conveña: puntos de vista, narradores, actantes, espazo, tempo…. Porque ás veces non importa tanto o qué coma o cómo. Aprenderemos dende a práctica, manchándonos as mans cos textos. Traballaremos con estímulos creativos variados. E, como o mundo é da xente valente, recomendable vir sen medo.

Ficha técnica:
Departamento de Ficción
Obradoiro de Narrativa breve
Imparte Carmen Conde
Os mércores 7, 14, 21 e 28 de Novembro
De 20.30h a 22.30h
Cuota 50€
Inscricións: pb@no-importa.com · 687 139 139
Lugar [NO IMPORTA] San Andrés 46, 15003 A Coruña

Taller de narración breve con Carmen Conde en Coruña