Obradoiro de fonografía urbana

Obradoiro de fonografía urbana

O papel da escoita nas sociedades occidentales foi minimizado en favor dunha cultura visual.

Cando camiñamos polas nosas cidades chámannos a atención os cartaces luminosos, os escaparates, o aspecto das persoas pero non acabamos de reparar conscientemente en como soan os nosos entornos e, quizáis máis importante, en como soamos neles, a nosa pegada ecolóxica no medioambiente en términos acústicos. A escoita do entorno é, nembargantes, unha fonte de información moi valiosa e útil cara entender o que acontece o noso arredor.

Partindo dunha serie de técnicas antropolóxicas e etnográficas de fácil comprensión e aplicación sinxela faremos o posible por reeducar a nosa atención para saber qué nos di e qué podemos entender das formas nas que soa a nosa cidade. Técnicas, conceptos e nocións que teñen tanto que ver coa atención ao que soa como coa amplitude e predictibilidade das interpretación do que escoitamos.

Aprenderemos a facer de etnógrafos urbáns na cidade, de cazadores de sons, de orellas andantes que buscan interpretar a realidade a partir do que escoitamos e de como o fan os demáis.»

Conducido por Miguel Alonso, este obradoiro ten por obxecto explorar á experiencia da cidade a partir dos seus sons, dos procesos e dinámicas sonoras e socioacústicas que se dan nos espacios urbáns atravesados pola actividade social.

O obradoiro farase a través de dúas técnicas: a observación etnográfica flotante e a deriva urbana psicoxeográfica.

A unidade de observación e exploración suxerida será o casco vello da Coruña, o que tentaremos describir a partir dos sons que nel atopemos e a partir tanto da experiencia propia como da experiencia dos seus usuarios. Traballarase tanto a escoita coma a descripción escrita do que se escoita.

Serán unha xornada e media de caracter práctico na que exploraremos o casco vello de Coruña a partires dunhas mínimas nocións teório-metodolóxicas.

Na tarde-noite do venres sairemos todos xuntos á rúa sen equipo algún máis aló das nosas orellas para entrar en contacto co espectro sonoro do barrio.

Será recomendable levar un diario de campo para anotar as nosas impresións.

O sábado pola mañán comentaremos á experiencia voltaremos a sair.

Pararemos para xantar e despois sairemos de novo a grabar os sons.

Cada asistente elexirá dous ou tres sons atopados no seu percorrer da cidade. Sons que serán grabados na tarde do sábado e posteriormente subidos á web de escoitar.org xunto cunha pequena descripción escrita.

 

Miguel Alonso é doutor en antropoloxía urbana e especialista en socioacústica. Participou e dirixiu en numerosos proxectos de investigación e creación relacionados co son e vinculados ó espacio urbano de cidades como Barcelona, Tarragona ou Londres.

É membro participante do proxecto fonográfico galego escoitar.org e foi membro fundacional do grupo de investigación Ciudad Sonora.

Os seus traballos escritos pódense consultar aquí http://independent.academia.edu/MiguelAlonsoCambr%C3%B3n/Papers

Público: Interesados na experiencia sensible da cidade, urbanismo, paisaxe sonora, ecoloxía acústica, acustemoloxía.

Non fan falla coñecementos previos nin equipo propio.

A organización dispón de dúas grabadoras de audio, pero se o asistente posúe a súa propia poderá traela e traballar con ela.

venres 29de 16.30h a 20.30hsábado 30de 10.00h a 14.00hde 16.30h a 20.30h

número máximo de persoas: 10prezo: 40€

NO IMPORTA taller creativo

r/San Andrés nº 46 15003

A Coruñafonografia urbana