Jam de relato e poesía | Venres 9.06 | Lino Braxe

Vén a escoitar ou a ler, como público ou participante.

Xa chegou o día do encontro do mes co relato e a poesía. Este venres agradecemos moito o apoio e a presenza do autor Lino Braxe. O noso concepto de intercámbio de ideas nas actividades que se fan na Planta Baixa intenta achegar a cultura de base e o apoio doutras persoas con experiéncia.

A dinámica é a seguinte: para ler e compartir os relatos e/ou poemas, só hai que apuntar-se. Pode facer-se previamente por correo electrónico ou o mesmo día antes de comezar a sesión. Hai un número limitado de leituras (polo tempo) e hai un número limitado de extensión (para que lle dé tempo a todos). No caso do relato máximo 3 folios, e no caso da poesía, máximo 3 poemas.

Nesta sesión acompáña-nos Lino Braxe que presentará e lerá algunha das súas creacións.
LINO BRAXE
(Mugardos. A Coruña. España.)

Poeta, guionista, narrador e dramaturgo, traballa actualmente como actor e director de teatro, logo de exercer o xornalismo durante dez anos en RNE. Formou parte do grupo A Caricia da Serpe, co editou vários CDs. Traducido ao italiano, castellano, francés e neerlandés; ten recitado e representado os seus poemas e textos dramáticos en Italia, Portugal, Países Baixos, Bélxica, Cuba, Arxentina e en diferentes cidades de España. Na actualidade é un dos autores de teatro máis representados en Galicia. A súa última aventura é Dor, unha curta da que é guionista e director. Poemas obxeto e visuais, debuxos, acuarelas e acrílicos completan o seu universo criativo, onde non falta a composición musical para montaxes teatrais. Poeta.

Ficha técnica:
Sesión Jam
Relato e Poesía
Día: venres 9 de xuño
Hora: ás 20.30h
Acompáña-nos nesta ocasión Lino Braxe
Entrada libre*
*Mínimo 1 consumición
Lugar: [NO IMPORTA] r/ San Andrés 46
Inscripcións previas: pb@no-importa.com ou antes do comezo da sesión
Info: 687 139 139