Jam de relato e poesía | Venres 20.07

Xa temos de novo as nosas reunións mensuais para vir ler ou escoitar os vosos relatos ou poemas. Achegádevos a compartir unha sesión con nós. Cada sesión é diferente, normalmente vanse intercalando as voces de cada creador e xurden conversacións en torno ao proceso de creación, anécdotas, etc.. Ti fas que cada reunión sexa diferente.

Levamos moitas sesións no noso espazo e xa xurden sinerxias entre os habituais, moi pronto teredes noticias dun novo evento que xira en torno a estas colaboracións.

Máis info ou inscricións previas (podedes vir tamén sen inscrición): pb@no-importa.com 687 139 139

[NO IMPORTA] San Andrés 46, 15003 A Coruña

Encontro de relato e poesía en Coruña