Jam de relato e poesía | 18.05

Como cada mes acudimos á cita coas Letras. Vinde ler as vosas composicións ou a escoitar e participar nas conversacións que xurden en cada sesión.

Para ler, podedes reservar antes por teléfono 687 139 139 (whatsapp) ou no correo se tendes algunha dúbida pb@no-importa.com

As sesións son flexíbeis, imos intercalando as voces, de xeito que cada participante le en cada turno unha composición.

Venres 18 de maio ás 20.30h
[NO IMPORTA] San Andrés 46, 15003 A Coruña

Jam de relato e poesía na Coruña