Jam de relato e poesía | 12 de maio

Vén a escoitar ou a ler, como público ou participante.

Como cada mes, un novo encontro co relato e a poesía. Na última sesión anunciamos que sería o primeiro venres de cada mes, informamos que será o segundo venres de cada mes a partir de maio.

Para ler e compartir os relatos e/ou poemas, só hai que apuntar-se. Pode facer-se previamente por correo electrónico (é o recomendábel) ou o mesmo día antes de comezar a sesión. Hai un número limitado de leituras (polo tempo) e hai un número limitado de extensión (para que lle dé tempo a todos). No caso do relato máximo 3 folios, e no caso da poesía, máximo 3 poemas.

Nesta sesión acompáñan-nos Todos os Autores en Galego -Especial Día das Letras-. A presentación e o debate desta jam vai se facer en colectivo. Traede os poemas ou contos que vos apeteza propor ler.

Ficha técnica:
Sesión Jam
Relato e Poesía
Día: venres 12 de maio
Hora: ás 20.30h
Entrada libre*
*Mínimo 1 consumición
Lugar: [NO IMPORTA] r/ San Andrés 46
Inscripcións previas: pb@no-importa.com ou antes do comezo da sesión
Info: 687 139 139

Jam de relato e poesía maio