Expo Fíos de tinta | Ilustración | 11.10 a 21.10

EXPOSICIÓN FÍOS DE TINTA · ILUSTRACIÓN
11 de outubro · 21 de outubro
Lugares: librería Moito Conto e [NO IMPORTA]

O próximo 11 de outubro inaugúrase a exposición de ilustración Fíos de tinta. Unha exposición conxunta de dous espazos que comparten veciñanza na Peixería da Coruña: a librería Moito Conto e o taller creativo [NO IMPORTA]. Esta colaboración nasce da inquedanza que teñen en común:  dinamizar actividades e eventos culturais e artísticos. Nesta ocasión queren dar visibilidade aos distintos estilos e a creatividade artística actual, para gozar dunha expresión da que tanto podemos presumir en Galicia como é a Ilustración.

6+6 ilustradores protagonizarán a exposición con parte dos seus traballos.

En Moito Conto participarán:
Carlos Arrojo
El primo Ramón
Lucía Cobo
Olaya Naveira
Manel Cráneo
Verónica Grech

En [NO IMPORTA]:
Axóuxeres e Chisqueiros
Bea Lema
Chus Rojo
Iria do Castelo
Julia Abalde
Uxía Pin

O mércores 11, inauguración ás 18h en [NO IMPORTA] e as 19.30h na librería Moito Conto.
Permanecerá aberta ata o 21 de outubro nos seguintes horarios:
Moito Conto, r/ San Andrés 35,  de 9.30h a 14h e de 16.30h a 21h.
[NO IMPORTA], r/ San Andrés 46, de 17.30h a 20.30h

Fíos de tinta. Exposición de ilustración en Coruña