Espectáculo para nenos e en familia | César de Centi e Silvia Penide | 11.11

A viaxe da palabra que non era valente

César de Centi e Silvia Penide únense para presentar un espectáculo no que os máis pequenos da casa vexan o valiosa que é a linguaxe, o valiosas que son as palabras.
A través dun conto entremezclado con cancións de cantautores e cantautoras moi coñecidos, dan sentido a unha historia na que a finalidade é destacar o diálogo como valor que contribúe firme e positivamente á educación emocional.
O groso da posta en escena está pensado para nenos de entre 4 é 12 anos pero teñen cabida pais, familias e / ou adultos que queiran desfrutalo xa que hai constantes guiños que só unha persoa adulta poderá adiviñar.
Cancións como “Aquarela” de Toquinho, “Dibujos animados” de Pedro Guerra, “Aí ven o maio” de Luís Emilio Batallán ou poemas de Gloria Fuertes entre outros, son os pilares sobre os que se sosteñen 40 minutos de diálogo e aprendizaxe orientados a que o público se sinta conectado coa liberdade, o amor, a poesía e, en definitiva, os grandes valores que leva implícitos a canción de autor.

Será o sábado 11 de novembro ás 18h.
En  [NO IMPORTA] r/ San Andrés 46.
Entrada Pay After (aportacións voluntarias ao finalizar)
Máis info: pb@no-importa.com 687 139 139

Silvia Penide e Cesar de Centi para nenos