Concerto | Dúo Camándula | #miercolescanalla 06.09

Retomamos os #miercolescanalla coa presenza do dúo Camándula, violín e acordeón.

O dúo Camándula xurde no ano 2002 aproximadamente, de forma natural e case espontánea.

Nuria Naya (Arteixo, 1986) e Víctor Iglesias (Arteixo, 1976) levaban xa 5 ou 6 anos coincidindo en diversas formacións como a Banda de Gaitas Artaigo ou a Asociación Folclórica Xuntanza.

Nestes anos, a música xurdía dende a didáctica. O feito de interpretar unhas pezas ou outras respondía ás limitadas posibilidades técnicas duns rapaces que estaban aprendendo a tocar o seu instrumento: o violín, no caso de Nuria, e o acordeón no caso de Víctor. Aquí foron adquirindo a experiencia escénica que non lles podían proporcionar os estudos académicos nos conservatorios.

Despóis de colaborar en varias gravacións e directos alleos, tales como o de Mercedes Peón ou Silvia Penide, deciden darlle saída á súa propia idea: ” Camándula: música viva ao vivo”.

A través dun repertorio ecléctico, buscan a complicidade do público sen recurrir a xogos de luces nen malabarismos. A súa pretensión non é outra que disfrutar tocando e transmitir ó auditorio as emocións da música.

Ficha técnica:
Dúo Camándula
Nuria Naya (violín) e Víctor Iglesias (acordeón)
Mércores 6 de setembro
Ás 21h
Entrada 3 euros
[NO IMPORTA] San Andrés 46, A Coruña
Reservas: pb@no-importa.com 687 139 139

Camándula. Concerto violín e acordeón en Coruña