Clases de Escrita dramática con Manuel Lourenzo | Os luns

Ábre-se o prazo para inscribirse no grupo de escrita dramática que dirixe e coordina Manuel Lourenzo. O curso está aberto a todos, non cómpre ter estudos previos de dramaturxia.

O programa comezará o 15 de outubro e serán sesións semanais: os luns durante dúas horas (de 17h a 19h). Divíde-se en módulos trimestrais e todos os módulos serán desde unha perspectiva moi práctica. Fará-se un repaso polas formas expesivas actuais (linguaxe periodística, audiovisual, poesía, teatro) polo que vai dirixido a un amplo público.

A linguaxe dramática que se practicará será a de hoxe en día: cómo somos os homes e as mulleres, os seus costumes e usos, a cultura do seu pobo (sobre todo occidental). Aprenderá-se a escrita e a oralidade: o espazo, o son e o diálogo.

O enfoque será unha versión moderna das formas de escrita contemporánea e unha visión sucinta da Historia da dramaturxia. Practicarán-se estas formas da dramaturxia que se consideran máis representativas e un repaso do século XX (realismo, expresionismo, épico, absurdo, existencialista, etc.).

Manuel Lourenzo
(Ferreira do Valadouro, 1943), mestre e licenciado polo Institut del Teatre de Barcelona, está vinculado desde 1965 ao teatro independente como dramaturgo, director, actor, teórico e divulgador.

Fundou e impulsou grupos e compañías teatrais como O Facho (1965), Escola Dramática Galega (1978) ou Casahamlet (1997).

Extensa obra dramática, autor de aproximadamente 150 obras dramáticas, que iniciou con Romerías ás Covas do Demo. En 1997 recibiu o Premio Nacional de Literatura Dramática, por Veladas indecentes.

Entre os premios recibidos destacan: Abrente (1978), Teatro de Cámara Ditea (1985), Rafael Dieste (1996, 1999), Premio Nacional da Cultura Galega de Artes Escénicas (2008), Otero Pedrayo (2011), Álvaro Cunqueiro (2009 e 2016) e o Premio Nacional de Literatura Dramática (1996).

Ficha técnica:
Curso Escrita dramática
Imparte Manuel Lourenzo
A partir de novembro
Todos os luns de 17h a 19h
Cuota: 60€/mes
Lugar [NO IMPORTA] San Andrés 46, 15003 A Coruña
Inscricións: pb@no-importa.com · 687 139 139

Escrita dramática con Manuel Lourenzo