Aula lúdica de Molembir Teatro | Luns e mércores pola mañá

Molembir Teatro apresenta a súa Aula Lúdica de interpretación, expresión corporal e leituras dramatizadas.

A Aula Lúdica para Maiores en acción serán dous días á semana pola mañá de 11.30h a 13h, o luns e o mércores. O luns adicaráse á expresión corporal e o mércores a taller teatral. A Aula Lúdica é un espazo de participación colectiva e, ao tempo, un achegamento aos beneficios individuais que as artes escénicas proporcionan no desenrolo físico, psicolóxico, emocional e de benestar.

A actividade vai dirixida ao público adulto (maiores) para fomentar outro xeito de estar activo a través da linguaxe teatral e as experiencias sociais de grupo. As dinámicas non serán competitivas, senón de divertimento e creatividade.

Nas sesións de expresión corporal imos tomar consciéncia do noso corpo e comunicar con él. Previamente vanse traballar técnicas de relaxación, concentración, respiración e a boa posición postural. De aí arrincaremos co concepto do espazo e movemento a través de exercicios de expresividade corporal que serán o núcleo da sesión. O baile e a música formarán parte dos exercícios.

Nas sesións de taller de teatro iniciarémonos nos principais conceptos dos elementos dramáticos: texto, personaxe, acción dramática e espazo escénico.
·Aproximación aos textos teatrais, a súa interpretación, leitura e escoita.
·Creación das personaxes segundo diferentes métodos
·Situacións teatrais a través de xogos e propostas dramáticas.
·O relato do espazo escénico na comunicación.

Na planificación do curso contémplase a mostra ao público dos traballos que se realicen (obra de teatro, performance, leitura dramatizada, recitado, etc.).

O obxectivo desta proposta é utilizar a linguaxe da interpretación coma instrumento de benestar. Benefícios persoais de autoconfianza, memória, concentración, autocoñecemento corporal, relaxación, expresividade e creatividade.
Benefícios grupais de comunicación, colaboración, escoita activa, confianza e soliradidade.

Ficha técnica:
Aula Lúdica Maiores en acción
Molembir Teatro
Imparten: Jose Losada e Carlos Colmenero
Luns e mércores
De 11.30h a 13h
Cuota 60 €/mes
[NO IMPORTA] San Andrés 46, 15003 A Coruña
Inscricións: pb@no-importa.com · 687 139 139

Aula Lúdica Molembir Teatro