21 de marzo Día da poesía | Jam de relato e poesía

O próximo 21 de marzo é o Día da poesía e o celebramos coa nosa reunión mensual de escoita e leitura Jam de relato e poesía.

Será a partir das 20:30h e coma sempre, podes vir a ler ou a escoitar as composicións dos demais. Para facer especial este día, tamén podes traer algún poema do teu/túa poeta favorita e comentarnos.

A referencia, ainda que flexíbel, é de 3 poemas por persoa ou relato de non máis de 3 folios.

A dinámica é ir intercalando as voces poéticas.

Podedes reservar sitio por correo electrónico pb@no-importa.com ou por whatsapp 687139139

A dirección é [NO IMPORTA] San Andrés 46, 15003 A Coruña

Esperámosvos!

Día da poesía, jam de relato e poesía